|
Parole con
é unha revista en formato electrónico.
Parole con acolle colaboracións en poesía e prosa breve.
Mais non só iso.
No límite das nosas posibilidades non rexeitaremos ningunha obra sempre
que estea escrita nunha das linguas ou dialectos románicos.
As imaxes, nembargantes, acéptanse con independencia da lingua que fale
o autor, mesmo chinés, se a imaxe paga a pena
¡Comezamos este xogo por puro
pracer!
Coidamos que non temos máis mérito cós demais e tampouco ningunha particularidade
que diferencie estas páxinas doutras semellantes que hai na rede e que
tentan acadar o fin da maioría das iniciativas deste tipo:
facer que quen escribe poida ser lido.
Desexo de comunicar, de contactar, de coñecerse e se
dar a coñecer, de satisfacer pequenas vaidades humanas
Gracias a Internet podemos finalmente acadar todo isto sen excesivas
despesas, sen obstáculos insuperables.
Non queremos combater en ningunha batalla, tampouco temos a pretensión
de cambiar o mundo. Abofé, gustaríamos melloralo, ainda que só fose
un pouqiño.
¡Quen nos dera!
Gustaríamos divertirnos e pasar bos momentos coas verbas e con todo
o que sexamos quen de crear neste espacio
Polo de agora non hai máis nada que engadir.
Se queres saber cómo participar en Parole con le as páxinas seguintes.
Parole con
diríxese a todos aqueles que gustan de contar e escoitar.
Mais non só iso.
Parole con admite poesías e contos breves.
Mais non só iso.
Aínda que as palabras son a materia primeira destas páxinas, os ingredientes
van ser máis abundosos e van depender, xa que logo, só da fantasía
dos que colaboren connosco.
Parole con
vai dirixido ós curiosos.
Para participares
en Parole con só precisas dun enderezo de correo electrónico,
este vai ser o medio de comunicación entre os autores e os responsables
da revista e tamén a forma de facernos chegar a túa ou as túas obras
de arte.
Antes de enviar a túa obra mestra, mándanos unha mensaxe, cóntanos
quén es e todo o que consideres que debemos saber sobre ti.
Non esperes retribución ningunha, mais tampouco peticións de diñeiro.
Vas poder publicar todo o que aparecer enParole con
en calquera outro medio, onde quixeres, non che esiximos exclusivas,
nin te obrigaremos a asinar ningún contrato.
Sen enganos... :-)
Parole con é, simplemente, un espacio regalado á túa
necesidade de comunicar.
Agardamos por ti.
grazie a Conchi Varela
|
escribe a:  |
|
|